J11 – SE ACABÓ 🏅🥇🥇🥇🥈🥈🙈
Acabouse A liga 2.026, cun balance moi, pero que moi positivo. Imos alá.
División de Honra🏅: Balance positivo, moi cerquita dos postos de pódium. Grande Breixo 72% de puntos, e Grande Espiñeira, que despois dun inicio titubeante púxose as pilas e asinou un 77% dos puntos xogando a totalidade das roldas💪

Primeira División: EXC Adultos🥇: Contabámolo a semana pasada. ASCENSO a PREFERENTE 💃 ♥ PARABÉNS!!! E a desfrutar da experiencia
⭐⭐⭐⭐Fernando García Villar MVP ⭐⭐⭐⭐ do equipo e do Grupo (xogadores con máis de 2 partidas), cun espectacular 87,5% dos puntos en xogo.


EXC Sub16🥈: Que tempada, mágoa algún puntiño máis. Ollo ao dato, máis puntos que o EXC Adultos 1ª, e lembrade, recentemente ascendidos 🚀
⭐⭐⭐⭐Nico Fernández Sabajanes cun 90,9% en 11 partidas MVP⭐⭐⭐⭐, iso si menos % que Javi -pai Sabajanes- que selou o seu debut en 1ª división cun 100% dos puntos en xogo 😅😂😂😂😂

EXC Sub20🙈: Pintaba bonita esta tempada antes de empezar…, pero os estudos, a idade e outros pormenores non fixeron posible a participación de varios dos piares do equipo ao longo da liga, o que motivou que subisen ata 13 xogadores das categorías inferiores….e aínda así, cun pouco máis selariamos a permanencia. Iso si, a última xornada reforzos de luxo con Mateo -brillante e valente sacrificio- e Martín, que non deixaron escapar a oportunidade de sumar o punto en 1ª.👏👏
⭐Grandes Pablo Magariños, Ian Sánchez, David Laszlo, tedes abertas as portas do ceo ⭐
Segunda División: EXC Sub18🥇 Vaia tempada. Para enmarcar, 11 Xogados, 11 Gañados. 35,5 puntos. Última xornada, sen os 3 primeiros taboleiros, e contra os 2ºs clasificados que se xogaban o ascenso. Sobe Lois e ZAS!! puntazo…e chega Antón e despois dun inicio difícil de partida sela as táboas necesarias para conseguir a 11ª vitoria da tempada.

⭐⭐⭐⭐MVPs: Martin Ferreiro Vidal cun 100%en 7 partidas (máis o que xogou en 1ª), Alfredo de la Guardia Castro 91,7% otro tanto, e Iván Sanchez Fernández 94,4%⭐⭐⭐⭐

Tercera División: EXC Adultos🥇e EXC Escola 🥈
De Escola, que dicir que non dixésemos ao longo da tempada. Peques que se lle fai eterno iso de xogar a 60+30, maiores aos que non lles chega o tempo😅, noveis, veteranos, un mix que funcionou as mil marabillas. GRANDES, a seguir CRECENDO!! E os ADULTOS, que cracks, hai que decilo, que levábamos xa uns añitos detrás do ascenso, e sí, este año SI. 🚀

⭐⭐⭐⭐MVPs: Para min sódelo todos, só sentarse diante do taboleiro, que sen ser maiores xa estamos en idade adulta, para min, ten un mérito impresionante. BRAVO!! Os Robertos, espectaculares, Quique que debutaba en Liga e Jaime que volveu, Regatos FULL, Marcos, TERESA, se, en MAIÚSCULAS, A CAPITÁ 👮♀️, e Ramón e José Angel, que dous 💪💪, que souberon repoñerse dun inicio titubeante para selar por vitorias as súas últimas partidas ⭐⭐⭐⭐

E que queda? Pois a festa o xoves 30 ¡! Non podedes faltar 🍾😅
