Campeonatos Gallegos Semana Santa
GALEGO

Do 12 ao 15 de abril disputouse no Hotel Scala de Padrón os Campionatos Galegos por Idades Sub10, Sub12 e Sub16, cunha nutrida representación dos nosos mozos.
Na categoría Sub10, Sergio, aínda Sub8, atreveuse a dar o salto, e logrou 3 puntos moi valiosos para o seu marcador e para gañar experiencia e bagaxe. Outro que non faltou á cita foi Hugo, e que obtivo un gran resultado, con 5,5 puntos e 9º na xeral. Por alí tamén estaban os nosos queridos “irmáns” de Xadrez Padrón, Aldán 6º e Noe, 3º da xeral. Brillantes as súas actuacións.
Na categoría Sub12, unicamente participou Fuco Lois, que logrou 4,5 puntos e mellorando de forma considerable respecto ao ano anterior.
Na categoría Sub16, importante a representación e actuación dos nosos mozos con Breixo 3 puntos, Alfredo 3,5, Dani 4, Ivan 4, Noel 4,5 e +50 de ELO, Martin 5 e +30 de ELO e Nico 5,5 e 5º da xeral. Parabéns a todos os participantes e as nosas felicitacións aos pódiums das diferentes categorías.
CASTELLANO

Del 12 al 15 de abril se disputó en el Hotel Scala de Padrón los Campeonatos Gallegos por Edades Sub10, Sub12 y Sub16, con una nutrida representación de nuestros chicos.
En la categoría Sub10, Sergio, aún Sub8, se atrevió a dar el salto, y logró 3 puntos muy valiosos para su casillero y para ganar experiencia y bagaje. Otro que no faltó a la cita fue Hugo, y que obtuvo un gran resultado, con 5,5 puntos y 9º en la general. Por allí también estaban nuestros queridos “hermanos” de Xadrez Padrón, Aldán 6º y Noe, 3º de la general. Brillantes sus actuaciones.
En la categoría Sub12, únicamente participó Fuco Lois, que logró 4,5 puntos y mejorando de forma considerable respecto al año anterior.
En la categoría Sub16, importante la representación y actuación de nuestros chicos con Breixo 3 puntos, Alfredo 3,5, Dani 4, Ivan 4, Noel 4,5 y +50 de ELO, Martin 5 y +30 de ELO y Nico 5,5 y 5º de la general. Enhorabuena a todos los participantes y nuestras felicitaciones a los pódiums de las diferentes categorías.
