NICOLÁS FERNÁNDEZ SABAJANES,
CM – MESTRE CANDIDATO
Con tan só 14 anos, Nicolás Fernández Sabaxáns alcanza o título FIDE de Candidato Mestre (CM), un novo fito na brillante traxectoria dun dos novos valores da Escola de Xadrez Compostela.
Fernandez Sabajanes, Nicolas FIDE Profile
Nico alcanzou un novo chanzo na súa carreira xadrecística, unha progresión que nos últimos anos levoulle a situarse entre os mellores xogadores novos de Galicia. O título de Candidato Mestre, outorgado pola FIDE, supón un recoñecemento internacional á súa traxectoria que foi construíndo torneo a torneo, campionato a campionato e, sobre todo, con moita dedicación, moitas horas de taboleiro, e moito esforzo.
SUS INICIOS…
Na memoria aínda está aquel torneo do verán 2.022 en Cambados…Por suposto o resultado foi o de menos, o importante é que a semente… estaba sementada. 😅XXXIV TORNEO INFANTIL DE XADREZ ALBARIÑO SUB-10 – Fernandez Sabajanes, Nicolas – info64.org
Os torneos fóronse sucedendo e o primeiro gran resultado non se fixo esperar, xa que no provincial de 2.023, logrou o seu primeiro podium de entidade…
…E en marzo de 2024, chegou o seu primeiro gran título, Campión Galego Sub-12, despois de sumar 5 vitorias e 3 táboas no campionato disputado en Padrón, evidenciando un gran espírito competitivo e a súa capacidade para loitar cada partida desde o inicio. NICO, CAMPEÓN en el GALLEGO SUB12 – Escola de Xadrez Compostela

Nese mesmo ano disputou o Campionato de España Sub-12 de 2024, celebrado en Salobreña, cunha magnífica 13ª posición da xeral, con 6,5 puntos, sendo ademais o xogador galego mellor clasificado, deixando claro que aquel campionato galego non fora froito da casualidade.
…CONSOLIDACIÓN…
O salto á categoría Sub-14 non freou a súa progresión, e no Campionato Galego Sub-14 de 2025, Nico volveu subir todo o máis alto do podio. Terminou Campión galego con 6,5 puntos, empatado a puntos co seu compañeiro de club Sergio Calvo Míguez, pero primeiro por desempate. Campionato Galego Sub-14 2025 – Fernandez Sabajanes, Nicolas – info64.org
Este título serviulle para ir convocado coa selección galega ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas, unha experiencia inesquecible.
E pouco despois, chegou unha vitoria desas que queda gravada na retina, a súa vitoria ante o GM Strikovic, Aleksa no I Internacional Concello de Oroso. 🎉🎉I Internacional Concello de Oroso – Fernandez Sabajanes, Nicolas – info64.org

ENTRE OS MELLORES DE ESPAÑA
A progresión continuou neste ano 2026.
En febreiro, Nico volveu disputar o Campionato Galego Sub-14 e esta vez terminou subcampión, só por detrás dun inconmensurable David Álvarez González, sumando con iso un novo podio galego á súa traxectoria.
E este ano 2.026 repetiu nos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas, e un resultado espectacular.
Selecciones Autonomicas Sub-14 CESA 2026 – Fernandez Sabajanes, Nicolas – info64.org
E chegou despois un dos grandes retos do ano: o Campionato de España Individual Sub-14 2026, disputado en Vícar (Almería). Nico terminou o campionato con 6,5 puntos, 9º de España e sendo novamente o xogador galego mellor clasificado.
CAMPEONATO DE ESPAÑA SUB 14 2026 – Fernandez Sabajanes, Nicolas – info64.org
No Campionato Galego de Xadrez Rápido conseguiu a terceira posición da clasificación absoluta, con 7 puntos, competindo de novo contra xogadores de todas as idades e o que lle permitiu xogar o Campionato de España de Rápidas e xogar co GM Alain Pichot.
Pouco despois, en setembro, chegou outro triunfo especialmente emotivo: Nico proclamouse campión do VIII Torneo Cidade de Santiago, pertencente ao XXXVII Circuito Gallego de Xadrez, con 7 puntos.
E agora chega o recoñecemento que pon nome a toda esa progresión:

Nicolás Fernández Sabaxáns, é Candidato Mestre FIDE.
Parabéns, Nico.
Polo título, polos resultados,
Pola progresión, polo ESFORZO
Grazas a todos e en especial aos seus PAIS, ao seu ADESTRADOR, e aos seus COMPAÑEIROS e AMIGOS, Grazas !!
e xa para terminar, se de algo estou seguro é que: “TO BE CONTINUED”
